Rodríguez Lemos leva a toponimia do Val Miñor a Madrid

n

| O historiador baionés e membro do Instituto de Estudos Miñoráns Anxo Rodríguez Lemos, doutorando na Universidade de Santiago, ofreceu onte en Madrid unha conferencia titulada "Entre mouros, cantares e terra nomeada: experiencias de traballo con concellos da provincia de Pontevedra". Participou con este relatorio no XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos que se celebra na capital española, onde fixo un percorrido a partir das súas recollidas de toponimia e tradición oral nos concellos de Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona, no que destacou a importancia de conservar este patrimonio inmaterial como parte da identidade cultural.

n Fuente: Faro De Vigo