#BAIONA A Biblioteca Pública de Baiona acolle o espectáculo de maxia “Xogando coas palabras”

O vindeiro mércores, 10 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona o mago Javier Muro presentará a actividade “Xogando coas palabras”. Un espectáculo de maxia onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos e nenas ao azar, van creando o espectáculo. Utilizaranse as palabras dos libros, para descubrir que talvez o futuro xa estaba escrito. Coa data de nacemento dos infantes, descubrirase o poder dos números e qué relación hai coas palabras. E serán eles os que fagan a maxia, porque sen saber cómo, realizarán o espectáculo.
nA actividade é para nenos e nenas a partir de seis anos e a entrada é gratuíta ata completar aforo. Comezará ás seis da tarde e terá unha hora de duración.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn nFuente: Concello de Baiona