#BAIONA O Concello de Baiona instala avisadores acústicos para invidentes nos pasos de peóns da Rúa Elduayen

O Concello de Baiona instalou seis avisadores acústicos para invidentes nos tres semáforos instalados nos pasos de peóns da Rúa Elduayen. nEstes avisadores xa se instalaron e o Alcalde, Ángel Rodal, comprobou o seu funcionamento. Segundo manifestou o primeiro edil, “o Concello de Baiona dá desta forma un paso máis cara a unha cidade máis accesible, cun servizo que non só vai beneficiar aos invidentes senón tamén ao resto de cidadáns, pois estes avisadores tamén chamarán a atención daqueles peóns máis despistados”. nRodal detallou que se tratou de “unha petición que me traslada o noso concelleiro de Mobilidade, Policarpo Vilar, e que realizo de sumo gusto, seguimos traballando para eliminar as barreiras á mobilidade na nosa Real Vila”. nEn concreto, instalouse un avisador en cada un dos pés de semáforo. Estes aparellos están programados para funcionar de 8.00 a 22.0horas e o son agudo emítese no volume máis conveniente que permite o servizo para non producir molestias innecesarias. nOs avisadores acústicos responden á necesidade de facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual, incrementando de forma notable os niveis de seguridade viaria e propiciando a consolidación dunha cidade máis accesible, con atención preferente para as persoas ou colectivos que padecen algún tipo de discapacidade ou que teñen necesidades especiais, como sucede neste caso.nO Concello de Baiona está a impulsar unha serie de medidas tendentes a incrementar os niveis de seguridade viaria, a circulación do tráfico e a redución dos accidentes de circulación, especialmente os atropelos, protexendo aos colectivos máis vulnerables, como os menores e maiores e as persoas con mobilidade reducida. Varias destas actuacións están relacionadas coa mellora da seguridade e a visibilidade dos pasos peonís, como foron a propia instalación fai cinco meses por parte da Consellería de Infraestruturas e Vivenda dos tres semáforos instalados na fronte marítima que regulan a circulación da principal vía do centro da localidade. Outras das medidas levadas a cabo polo consistorio baionés foi a mellora da eficiencia enerxética nas luminarias da zona da iluminación municipal da PO-552 coa substitución de lámpadas de 150 w de halogenuro por outras de 80 w de tecnoloxía LED. nO departamento de electricidade do Concello de Baiona revisou varios pasos de peóns do municipio para mellorar as condicións de visibilidade e iluminación co obxectivo primordial mellorar a visibilidade e con iso a seguridade viaria e dos peóns. nCoa finalidade de facer da localidade un lugar máis seguro, púxose en funcionamento un novo sistema de iluminación. nOs traballos levaron a cabo en todos os pasos de peóns existentes entre A Avenida Foz do Miñor, en Sabarís, e a Avenida Monte Real, arterias principais de acceso norte á vila, e, a Avenida Joselín, entrada sur á localidade, moi utilizada tamén polos que utilizan a circunvalación. nCoa nova iluminación, procedeuse á alumado da área vertical conseguindo unha maior visualización do peón durante o seu paso, sendo esta unha maneira máis fiable e segura de ver ao peón desde o punto de vista do condutor.nCos novos traballos de mellora acabouse coa iluminación homoxénea, proporcionando un maior contraste o que facilita a identificación dos pasos de peóns, e polo tanto, facilita que os condutores que se achegan poidan ver claramente aos viandantes.n GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn

nFuente: Concello de Baiona