#BAIONA Conclúen as obras do proxecto Pontus Pedestrian

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o concello de Baiona coincidindo co final das obras do proxecto Pontus Pedestrian, realizado ao amparo dunha das liñas de axudas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2018. O delegado estivo acompañado na súa visita polo Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a Primeira tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, e polo Concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, José Ángel Bahamonde. nOs traballos consistiron na construción dunha pontella peonil de madeira na praia da Ladeira, cunha achega de preto de 29.000 euros por parte da Administración autonómica. nO Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de profundar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, nesta edición pasaron a ser fondos propios.nA nova senda construíuse no treito da praia de Ladeira de acceso ao merendero e ao cámping que conecta co paseo Litoral. Esta senda dá continuidade á pasarela de madeira existente próxima á zona dunar. n“Ata agora os peóns debían abandonar a seguridade do paseo e cruzar por unha plataforma asfaltada, sen beirarrúas, onde o uso prioritario era o do automóbil. Con esta nova construción solucionouse esta discriminación ao peón, evitando riscos da vía compartida, construíndo este tramo do paseo que completa os tramos existentes”, destacou o Alcalde, Ángel Rodal. nRodal detallou que “Se construíu un paseo de madeira no marxe noroeste da calazada, con protección mediante varanda nas dúas marxes de 100 metros de lonxitude, que une o paseo peonil existente e proporcione un acceso seguro tanto ao Cámping como á Praia Ladeira e á zona de merendero”. nEsta nova actuación súmase á anunciada no mes de maio pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázque, que avanzou a licitación dunha nova senda no treito da praia de Santa Marta, e na que o seu departamento investirá 555.000 euros. Esta senda dará continuidade ao carril-bici existente, e inclúe a reposición e ampliando da sección da actual pasarela de madeira, de modo que teña un espazo delimitado para ciclistas. nEstas intervencións, incidiu, tamén Rodal mostran a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Baiona, cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona