#BAIONA A poesía fúndese co mar este sábado en Baiona

O Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra organizan un dos obradoiros que forman parte do proxecto os " Obradoiros Literarios" bautizados como "Poesía e Mar"; unha cita coa cultura e a lingua galega. nEste ciclo ábrese este sábado, 20 de outubro, con "Palabras Varadas", unha idea de Marta Dacosta que terá lugar na Capitanía Marítima de Baiona e na que cada asistente debe presentar un poema escrito en galego co mar como protagonista.nÉ unha proposta especialmente dirixida ao profesorado e a todo aquel que estea interesado no ensino, a despregar en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
nOs interesados en participar terán que inscribirse previamente a través do seguinte email: oficina@aelg.org; no teléfono 981133233 (de 9:30 a 14:00 h); no móbil 696581971(chamada, WhatsApp ou Telegram). Indicando en todos os casos o título do taller (Palabras Varadas), nome completo, DNI e contacto telefónico.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn

nFuente: Concello de Baiona