O rap ensínalles igualdade e galego a 200 mozos baioneses

n

O rap en galego chega ás aulas do colexio Cova Terreña e do instituto Primeiro de Marzo de Baiona cunha mensaxe a prol da igualdade de sexos e contra a violencia machista. Douscentos rapaces de 3º e 4º de ESO participan no programa educativo "Xénero Versus", que utiliza a música, neste caso un estilo moi aceptado entre os rapaces, para motivalos e facerlles chegar a idea de que o respecto é o único camiño nas relacións persoais.

Cofinanciada polo Concello e a Deputación, a iniciativa levarase a cabo nos dous centros ao longo do curso o obxectivo de poñer freo á preocupante escalada de malos tratos entre menores. Os alumnos compoñerán letras, elexirán música e finalmente grabarán cancións de hip hop nas que expresarán o seu punto de vista sobre o tema.

n Fuente: Faro De Vigo