#BAIONA Taller de dobraxe na Biblioteca de Baiona para celebrar o día da Biblioteca Pública

O vindeiro mércores, 24 de outubro, a Biblioteca Municipal do Concello de Baiona, celebrará o día da Biblioteca Pública, cun taller de dobraxe. Trátase dunha actividade lúdica educativa, que achegará aos nenos e nenas participantes, dunha maneira amena e participativa a este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, mostraranse todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guion ata a dobraxe, que -como non- os asistentes realizarán.
nO taller organizarase en dous grupos con dous horarios diferentes. O primeiro deles terá lugar de 17:00 h a 18:00 h e o segundo de 18:00 h a 19:00 h, está dirixido a nenos e nenas de 8 a 11 anos.
nA entrada é gratuíta e o aforamento é limitado polo que é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca ou no teléfono 986 35 59 43.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona