#BAIONA Obradoiro de “Patchwork navideño” en Baiona

O Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra organizan un obradoiro de “Patchwork”.
nO taller impartirase os días 10,12,14 e 17 de decembro (de 17 a 20 h) e o 19 de Decembro (de 17 a 21 h) no Centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona. Ao desenvolverse a actividade en datas tan próximas ao nadal elaborarase coa técnica patchwork adorno e agasallos propios de estas datas.nO patchwork é un tecido feito pola unión de pequenas pezas de teas cosidas entre si polos bordos. O resultado pode ser unha manta, colchas, coxíns, bólas da árbore, elementos decorativos…. Ante todo, o patwchwork é creatividade. Cos fragmentos de tea poderase levar a cabo calquera obra que teñas en mente. Esta arte de unir retales de diferentes cores e tamaños utilizando múltiples técnicas, para chegar a crear distintos motivos e obxectos, persegue a precisión no trazado, corte e ensamblado das pezas de tea. Calquera poderá desenvolver a súa propia creatividade sen requirir grandes coñecementos de costura.nA actividade enmárcase dentro do programa “Tencendo lazos” 2018 da Deputación de Pontevedra. Este programa ten por finalidade desenvolver talleres interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretende poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio mutuo, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.nO Concello de Baiona anima a apuntarse coa familia e pasar un momento divertido cos teus seres queridos. Poderán participar neste taller membros da mesma familia; pais/nais e fillos/ as, avós/ as e netos/ as, tíos/ as e sobriños/ as, ect. entre os 6 e os 99 anos.nA actividade é totalmente gratuíta. Para máis información e inscricións poderán dirixirse á Omix do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925, ata o 20 de novembro.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn nFuente: Concello de Baiona