#BAIONA Últimos días para sumarse ao proxecto de paquetes de experiencias mariñeiras de Baiona

O vindeiro xoves, 25 de outubro, finaliza o prazo para que establecementos hostaleiros, comercios, restaurantes…e todos aqueles interesados en inscribirse e formar parte da iniciativa da Asociación Vilas Mariñeiras para impulsar en Baiona un produto turístico vinculado ás experiencias mariñeiras.nO eixo principal deste proxecto son as vivencias que o turista poderá gozar vinculadas á cultura do mar, e estanse mantendo reunións con entidades directamente vinculadas ao sector mariñeiro como a Confraría de Pescadores “A Anunciada” de Baiona ou representantes do Grupo de Acción Costeria, GAC 7: Ría de Vigo- A Guarda, entre outros. nAtraer a numerosos turistas tamén en tempada baixa. É o obxectivo que persegue Baiona xunto co resto de localidades que compoñen a asociación Vilas Mariñeiras desde a súa creación. O último proxecto deseñado pola entidade pretende alcanzar a ansiada desestacionalización mediante o impulso de paquetes de experiencias. nTodos aqueles interesados poderán obter información e apuntarse ao proxecto en gerencia@villasmarineras.es. Agora toca dar forma a todas as ideas e propostas para que sexan unha realidade nuns meses.nUnha vintena de establecementos sumáronse xa á iniciativa da Asociación Vilas Mariñeiras para impulsar en Baiona. Puxéronse encima da mesa experiencias singulares que poden potenciarse e cuxos impulsores recibirán nestes meses unha asistencia directa de consultoría por parte do equipo de xerencia de Vilas Mariñeiras. Mariñeiro en terra, para poder gozar de como é a preparación do barco para saír a pescar, as redes, as nasas, as diferentes artes de pesca, as historias dos mariñeiros contadas desde a experiencia de toda unha vida no mar. Mariscadoras, para ver a pé como se recollen os percebes ou os ourizos, protagonistas absolutos do mar nesta Vila Mariñeira. Ao mercado co chef, para adquirir desde o saber da peixaría, o mellor sabor que cociñará un chef profesional nun restaurante da localidade. Descubrindo o porto deportivo, paseos en barco, rutas guiadas pola Baiona mariñeira salpicada de historia, lendas e naufraxios; ou pedalea polo Camiño de Santiago, son entre outras algunhas das propostas actuais. nÁ parte do sector máis vinculado ao mar, sumáronse ao proxecto o que no manual de Produto Mariñeiro denominouse servizos complementarios: aloxamento, restaurantes, comercios, equipamentos que fan unha chiscadela ao mar incluíndo elementos mariñeiros na súa actividade e que se atopan situados no municipio de Baiona. Incorporáronse tamén empresas de turismo activo, unindo á súa actividade unha orientación á cultura mariñeira. Destacar: en pádel surf a ver as bateas, rema o Camiño en kaiak de mar, entre outras.
nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona