#BAIONA A Biblioteca Municipal de Baiona celebra o Día da Biblioteca con carné renovado e coa visita da escritora arxentina Angélica Fontenla

Hoxe é o Día da Biblioteca e a de Baiona recibiu unha visita moi especial neste sinalado día. Angélica Fontenla, escritora arxentina e unha das máis firmes defensoras da cultura galega no seu país, atópase estes días en Baiona de visita en casa duns familiares. Fontenla achegouse ata o recentemente rehabilitado edificio Sancti Spiritus para coñecer as novas instalacións. O Alcalde, Ángel Rodal, e a Concelleira de Cultura, María Iglesias, recibírona e foi entón cando se produciu un encontro interxeracional entre os escolares baioneses e a veterana escritora. nA ilustre literata e poetisa contou as súas vivencias ao alumnado do colexio CPI Cova Terreña e aos mandatarios, que se acercaron ata o recentemente rehabilitado edificio para celebrar o Día da Biblioteca xunto coa arxentina e os escolares.nO persoal municipal foi o encargado de guialos polas rehabilitadas instalacións e mostroulles as diferentes coleccións e o seu funcionamento. O broche final á visita culminou coa entrega do novo carné da biblioteca a cada un dos nenos e nenas, e tamén á escritora. Como recordo da súa visita a arxentina cedeu dúas dos seus libros que pasarán a formar parte do catálogo da Biblioteca de Baiona: “Como lágrimas de lluvia”, exemplar de poemas, e “Mosto amargo de melancolía”. nSistema moderno, eficiente e accesiblenA Biblioteca Municipal do Concello de Baiona integrouse no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Os usuarios xa dispoñen do novo carné, que deben retirar na propia biblioteca tras cubrir unha solicitude e renovar a fotografía do carné para poder levar libros en préstamo a casa. Para os novos, é preciso tamén cubrir unha solicitude que se lles proporcionará na biblioteca e levar o D. N.I. Os menores de idade deben formalizar esa instancia asinada polo seu pai ou titor para poder obter o carné. É gratuíto, persoal e intransferible e poderase utilizar en toda as bibliotecas de Galicia.nA incorporación á Rede de Bibliotecas de Galicia supón toda unha serie de beneficios: Os usuarios terán un carné único de bibliotecas que dá acceso aos servizos de toda as bibliotecas públicas integradas de Galicia onde poderán retirar un máximo de 20 exemplares en toda a Rede. No caso concreto da Biblioteca Municipal de Baiona cada usuario poderá levar á súa casa un máximo de cinco préstamos de cada vez, (3 libros, 1 audiovisual e 1 audio) por un prazo de 21 días, coa posibilidade dunha renovación, se o exemplar non está reservado e tras cinco días despois de ser prestado. Unha das novidades é que se amplía o prazo de préstamo dos libros que ascende de 15 días ata os 21, o dos audiovisuais pasan de 3 a 7. Outra dos beneficios de posuír o carné é o alta automática en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.nA Biblioteca municipal de Baiona é un lugar cultural primordial que conta cunha política de renovación constante do seu catálogo que coa incorporación á rede ofrecerá un servizo máis completo, eficiente e accesible aos usuarios. nA integración no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia supón impulsar un sistema máis desenvolto e moderno, que permite que a cidadanía poida acceder aos servizos de toda as bibliotecas públicas da rede, mellora a visibilidade dos fondos dos centros, debido a que se pode consultar a través dunha páxina única en liña en que a biblioteca está o documento que busca e reservalo, e favorece unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles grazas á integración de datos. nAsí mesmo, permite axilizar e estandarizar o traballo técnico, ao contar cun sistema de xestión único para toda as coleccións (físicas ou dixitais) que automatiza os procesos de catalogación, reservas, inventario e préstamo.nActividades dinamizaciónnAo longo do mes de outubro a Biblioteca de Baiona estivo realizando diferentes actividades de dinamización. Entre elas atópanse: conta contos para bebés, un espectáculo de maxia onde as palabras foron as protagonistas ou a presentación do libro de Jesús González Mestre, entre outras. nAdemais da visita dos escolares, para celebrar o Día da Biblioteca programouse para esta tarde un taller de dobraxe. Trátase dunha actividade lúdica educativa, que achegará aos nenos e nenas participantes, dunha maneira amena e participativa a este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, mostraranse todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guion ata a dobraxe, que -como non- os asistentes realizarán.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona