#BAIONA Baiona forma a dezaoito persoas en Hixiene e Atención Socio Sanitaria a persoas no domicilio

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Mª Carmen Paredes, asistiron esta mañá a clausúraa do curso “Hixiene e Atención Socio Sanitaria”. Tamén estiveron presentes no acto Purificación Serrano, presidenta de Cruz Vermella en Vigo, Víctor Durán, xerente da empresa Idades. nO acto desenvolveuse na aula do centro multiusos “Ángel Bedriñana” de Baiona onde vén impartindo a actividade desde o pasado un de outubro. nO curso de “Hixiene e Atención Socio Sanitaria”, no que participaron dezaoito persoas, a maioría delas de Baiona aínda que tamén había algunha de Nigrán e Gondomar, impartiuno a Cruz Vermella, a través do seu Plan de Emprego, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona. Ten unha duración de 150 horas totais coa realización de 60 horas de prácticas non laborais e posibilidade de contratación en colaboración coa empresa Idades, SL., empresa que se encarga do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Baiona.n“A atención ás persoas maiores e dependentes representa unha das máis importantes oportunidades laborais para os próximos anos, polo que é un curso interesante a realizar que pode brindar unha oportunidade a moitos dos que participaron nesta acción formativa”, ha matizo o rexedor. nTanto Rodal como Paredes ademais de felicitar aos participantes, animáronlles a que aproveitasen a formación “dada a alta demanda que ten o sector socio sanitario de axuda a domicilio, por empresas e centros residenciais”, sinalaron.n“Accións como esta serán a clave para unha profesión en crecente demanda, unha profesión que require non só dunha cualificación técnica específica, canto máis dunha actitude vocacional, cunha alta sensibilidade, e coa adquisición de estratexias de coidado integral e protección cara ás persoas máis vulnerables”, destacou a concelleira. nO obxectivo do itinerario formativo foi conseguir que o alumnado saiba axudar no ámbito socio-sanitario no domicilio a persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social, aplicando as estratexias e procedementos máis adecuados para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna.nA presidenta de Cruz Vermella Vigo agradeceu ao Concello de Baiona a súa colaboración neste tipo de formación e comprometeuse en seguir desenvolvendo na localidade máis cursos a través do seu plan de emprego. nPola súa banda o xerente de Idades, Víctor Durán, destacou a gran aposta do consistorio polo servizo de axuda a domicilio que aumentou horas e o número de beneficiarios deste servizo. nSADnO Concello de Baiona aumentou este ano un 70 % a partida destinada á prestación de servizo de axuda a domicilio para persoas con dependencia, pasando dos 130.000 do ano pasado aos 220.000 en 2018. Nestes momentos a atención a domicilio crece en oferta por parte desta concellería. A atención ás persoas en situación de dependencia supón unha prioridade nos servizos sociais do Concello de Baiona. n

nNo seu compromiso de mellorar o benestar das persoas con maiores necesidades, a Xunta concedeu un incremento de 12.132 horas anuais que se sumaban ás xa existentes, alcanzando un total de 32.212 horas dispoñibles. Tal situación, resolta polo equipo técnico dos servizos sociais, permitirá neste último trimestre dar resposta a demandas de horas en atención a domicilio a través de dependencia, incluíndo deste xeito algúns usuarios novos ou incrementando, no seu caso, peticións de ampliación de horas de servizo.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona