#BAIONA Baiona organiza na Alameda Carabela Pinta unha festa terrorífica para nenos e nenas

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza a “ Festa do Samaín” o vindeiro mércores 31 de outubro na Alameda Carabela Pinta. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata a céntrica rúa pasarán unha tarde terrorófica e poderán participar en diversas actividades. nA xornada comezará ás 17:00 h e prolongarase ás 19:00 h cos “Obradoiros monstruosos” onde levarán diferentes labores como: pinta caras, monicreques de medo, bruxa sorpresa, casa encantada…entre outras moitas sorpresas. De 17:00 h a 19:30 os máis pequenos poderán gozar do pasadizo do pánico. nPara finalizar a festa ás 19:30 h da tarde dará comezo un gran “Flashmob do terror” onde todos poderán bailar ao son de coñecidas coreografías musicais.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona