#BAIONA Baiona organiza un magosto popular

O Concello de Baiona e a “ Escola de Danza Vila de Baiona” organizan un magosto popular mañá, sábado día 27 de outubro, na praza do Concello a partir das 18:00 h. Os asistentes poderán degustar castañas de forma gratuita. A xornada estará amenizada pola propia escola de danza tradicional e o grupo de gaitas “A Seneira”, que actuarán ás 18:00 h. Ás 19:30 h actuará a banda “La Patrulla”.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn nFuente: Concello de Baiona