#BAIONA Baiona organiza un curso de defensa persoal para mulleres

O Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller(CIM), organiza un curso de defensa persoal dirixido a mulleres. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación en diversas situacións. nA formación terá lugar o 27 e 29 de novembro en horario de tarde desde as 16:30 ás 20:30 h no ximnasio do C. P.I Cova Terreña de Baiona. Será impartido por especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. A duración aproximada do taller é de 8 horas e a actividade que é gratuíta, foi concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia, no marco do Acordo de Colaboración asinado coa Federación galega de municipios e provincias de Galicia. nO obxectivo é proporcionar ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de defensa que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, se non fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para calquera imprevisto de carácter violento.nO período de inscrición comeza o día 5 de novembro e finaliza o día 20. As persoas interesadas deberán inscribirse a través do Centro de Información á Mulleres, situado en Cálea Dores Agrelo, 17, á beira do Pavillón Municipal de Deportes. Máis información e inscricións no teléfono do CIM: 986357554. As prazas son limitadas e teñen preferencia as mulleres vítimas de violencia de xénero.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona