#BAIONA Baiona traslada a festa do «Samaín» ao Pavillón de Deportes Municipal

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona traslada a festa do “Samaín” de hoxe ao Pavillón de Deportes debido ás previsións meteorolóxicas. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha tarde terrorófica e poderán participar en diversas actividades. n

A xornada comezará ás 16:30 h e prolongarase ás 20:30 h. Haberá “ Obradoiros monstruosos” onde levarán diferentes labores como: pinta caras, monicreques de medo, bruxa sorpresa, casa encantada, inchables…entre outras moitas sorpresas. Os máis pequenos tamén poderán gozar dun pasadizo do pánico. O broche final á á festa será un “Flashmob do terror” onde todos poderán bailar ao son de coñecidas coreografías musicais. nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona