#BAIONA O Alcalde de Baiona recibe a unha delegación canaria interesada polo modelo turístico da Vila

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, recibiu no consistorio ao rexedor de Valverde (El Hierro), Daniel Morais Barreira, e á concelleira, Oihana Reyes Gónzales. Ambos se atopan cun grupo de corenta persoas de visita en Baiona para coñecer o seu modelo turístico. Interesáronse polo rendemento dos recursos turísticos, dos monumentos, das festas e tradicións…porque están interesados en tomar exemplo do patrón baionés.
nValverde é a capital da singular illa O Hierro. Esta localidade con pouco máis de 4.800 habitantes, é moi tranquila e acolledora. Está situado sobre unha montaña, a uns 600 metros de altitude, e ten como estraño, que é a única das capitais de Canarias que non ten costa.nOs visitantes canarios que se atopan estes días na Real Vila quedáronse fascinados coa beleza da vila e do seu mar, que estes días está en toda a súa plenitude debido á forte ondada. A península de Monte Boi, a fortaleza de Monte Real pero fundamentalmente o seu Conxunto Histórico han chamado a atención dos visitantes.
n Como recordo da súa estancia na Vila o Alcalde de Baiona fíxolles entrega do libro:”El Reflejo del Tiempo. El conjunto histórico de Baiona”, de Begoña Fernández Rodríguez.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona