#BAIONA Baiona tramita solicitudes para participar no programa “Xuntos Polo Nadal”

A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas nalgún concello de Galicia que, valéndose por si mesmas, atópense soas nestas datas.nEste programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019. Consiste nunha estancia de 16 días na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense) en réxime de pensión completa con actividades de animación sociocultural.nO prazo para presentar solicitudes termina o 15 de novembro. Os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, en horario de atención de 09:00 h a 13:00 h, situado na planta baixa da casa consistorial, e no teléfono 986 38 59 26.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona