Arranca a I Semana Poética Victoriano Taibo en Gondomar

Achégase a gala do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo e Gondomar quenta motores coa súa primeira semana poética adicada ao autor, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello. Os actos arrancaron onte cun recital no Café Rañolas e continúan mañá luns, cando se pendurarán poemas nos balcóns da vila e se repartirán manteis decorados con versos en 14 establecementos hosteleiros. No medio da semana, haberá una sorpresa poético musical e o programa rematará o vindeiro sábado co acto de entrega do galardón á poeta burelesa Laura Ramos Cuba no auditorio Lois Tobío.

n Fuente: Faro De Vigo