Nigrán leva os maiores de excursión a Ribadavia e a Monforte

O Concello de Nigrán segue adiante co programa de turismo social e o vindeiro día 22 de novembro levará de excursión a Monforte de Lemos e a Ribadavia a todos aqueles veciños da terceira idade que o desexen. A viaxe custa 17 euros por persoa e inclúe o xantar, as visitas guiadas e o autobús. Os interesados pódense anotar desde mañá luns ás 9.00 na oficina de información do Concello pagando o prezo completo. A inscripción pecharase en canto se completen dous autobuses.

n Fuente: Faro De Vigo