Poesía e música irrompen nun súper de Gondomar

Un minirecital de poesía e música sorprendeu onte aos traballadores e clientes do supermercado Froiz de Gondomar. En apenas cinco minutos perante o público, os artistas encargados de levar os versos e as notas musicais xunto a sección de conxelados do establecemento, arrincaron os aplausos dos presentes. Foi un dos actos da I Semana Poética Victoriano Taibo, que culmina este sábado coa gala de entrega do premio de poesía que leva o nome do autor e que vai xa pola súa undécima edición.

A escritora Silvia Penas, galardoada neste mesmo certame no ano 2009, foi a encargada de poñerlle voz á actuación, acompañada por Margarida Mariño ao chelo e David Arroyos ao contrafagot.

A programación, que trata de levar a poesía a todos os espazos da vila e de divulgar a figura de Taibo entre a poboación na procura dun Día das Letras Galegas na súa honra, comezou o sábado cun slam poético e co reparto de lonas con versos polas fachadas e manteis con poemas por locais de hostelería.

n Fuente: Faro De Vigo