#GONDOMAR Programa Tecendo Lazos, obradoiro "Risa e movemento"

O Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre.

n

 

n

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro oferta da través do Programa TECENDO LAZOS 2018 da Deputación de Pontevedra o obradoiro RISA e MOVEMENTO.

n

A proposta e que os días 24,26,27,28,31 de decembro e 2,3,4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 poñamos en marcha este obradoiro. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos.

n

Para poder participar deben cubrir unha solicitude, poden descargala na páxina www.concellodegondomar.gal ou na OMIX, aportando Fotocopia DNI e volante empadroamento. Tedes de prazo para realizar a solicitude dende o 20 de novembro ata 10 de decembro do 2018.

n

 

n

mod cartel gondomar

n

 

n

 

n Fuente: Concello de Gondomar