Nigrán bonifica o 95% do IBI a cinco entidades

O Concello de Nigrán bonificará nun 95% o IBI de cinco entidades socio-culturais do  municipio ao aprobarse no pleno ordinario dunha moción do goberno para consideralas de interese ou utilidade municipal (tódolos grupos votaron a favor, agás PP e BNG, que se abstiveron). Esta declaración, que deben solicitar anualmente as propias entidades e que debe someterse á votación do Pleno, permite que o imposto sexa rebaixado no vindeiro exercicio un 95% (máximo permitido por lei). 
nA declaración beneficiará ao “CRC O Torreiro de Priegue”, a “Asociación Cultural As Angustias”, o “Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca”, a “A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa”, “Asociación de Veciños A Camoesa” e «AVCD O Castro» de Chandebrito, todos eles colectivos que, doutro xeito, pagarían o 100 por cento. “Supón un aforro para eles de preto de 1.300 euros ao ano, unha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental de promoción da cultura e das relacións veciñais”, suliña o alcalde, Juan González, quen recalca  que a contribución pública destas entidades á cultura ten sempre unha inequívoca función social, «polo que é de xustiza eximilas do 95% do IBI, máximo que nos permite a lei”.
n Fuente: Atlántico