A nova biblioteca de Nigrán estará finalizada no outono

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Nigrán, Juan González e integrantes do seu goberno municipal amais de persoal técnico da construtora, visitou onte as obras da nova biblioteca, unha obra longamente esperada polos veciños da vila do Val Miñor e un dos proxectos máis ambiciosos da provincia. Esta actuación está financiada pola Deputación ao abeiro do Plan de Reequilibrio cunha importante achega de 1.479.620,18 euros, mentres o Concello de Nigrán financia os 369.905,05 euros restantes.

nn

Durante a visita, Carmela Silva subliñou que “estamos ante un dos proxectos máis relevantes da provincia, polas características da edificación e pola súa singularidade. Vai ser unha referencia, un exemplo para os concellos da provincia, e nós estamos encantados e encantadas de financialo”. Amais resaltou que “a nova biblioteca vai garantir un novo servizo esencial para a veciñanza, pois Nigrán tiña unha biblioteca demasiado pequena que non satisfacía as súas demandas. A xente ten que ter servizos ligados ao estudo e a formación e onde poidan desenvolverse diferentes actividades culturais”. A presidenta provincial
nO novo edificio para este espazo cultural estase a construír nunha parcela do dentro do núcleo urbano que conta cun forte desnivel. Por iso se crearán dous accesos ao edificio: un dende a praza cuberta da planta baixa e outro dende a Praza Rosalía de Castro. A nova edificación, de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2, vai constar de catro andares: na planta baixa haberá unha sala de usos múltiples e un almacén; na primeira planta estarán a sala de ordenadores, a hemeroteca, a recepción e a zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda planta situarase a zona de préstamo para persoas adultas; e na terceira, unha sala de estudo. 
nO alcalde e deputado provincial, Juan González, afirmou estar “moi satisfeito, como alcalde e como veciño, por dar un paso máis cara ese Nigrán para todos e todas que queremos construír”. Tamén sinalou que “a biblioteca vai a dinamizar Nigrán, creemos que será un símbolo do Nigrán do presente e do futuro”. As previsións do concello indican que a obra estará rematada entre o segundo e terceiro trimestre do ano, cando, segundo afirmou o alcalde, “poderemos gozar dun espazo completamente diferente do que estaremos realmente orgullosos e orgullosas”.
n Fuente: Atlántico