#BAIONA 1º Certame Mellor Canción Galega «Os Bardos»

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza este certame co obxectivo primordial de impulsar e recoñecer a creación, a diversidade e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.n

Poderán participar solistas ou grupos que fagan música en lingua galega, que optarán aos seguintes premios:n

– Premio “A Mellor Canción Galega” dotado de 600€, e ademáis o gañador terá a oportunidade de actuar na programación cultural do Baiverán 2019.n

Segundo Finalista: dotado de 400€n

Terceiro Finalista: dotado de 250€.n

De todos os temas presentados, seleccionaranse 10 finalistas, que participarán nun festival que terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona, interpretando os temas presentados a concurso, de entre os que o xurado elixirá A Mellor Canción Galega 2019.n

Este certame quere facer visible a riqueza que a música galega posúe, e quere facelo dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen cotas estilísticas ou doutra índole. Deste xeito, o Concello de Baiona amosa o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galega.n

O prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de xaneiro de 2019, e as bases da convocatoria poden consultarse no BOPPO núm.6 do 9 de xaneiro de 2019, o una páxina web www.baiona.orgn

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921 ou en cultura@baiona.orgn

n nFuente: Concello de Baiona