Centáurea convoca o III Certame de Coplas de Entroido en Gondomar

A asociación cultural Centáurea organiza o III Certame de coplas de Entroido de Gondomar o domingo 24 de febreiro ás 12.00 na alameda. Os interesados en participar poden consultar as bases no perfil de Facebook do colectivo e presentar as pezas antes do día 20 de febreiro. Serán de tema libre, en galego e o xurado valorará o enxeño, humor e sentido crítico das letras, ademais da posta en escena e o acompañamento musical.

n Fuente: Faro De Vigo