Nigrán entra na recollida de cans e gatos abandoados

 O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario de maña, 31 de xaneiro, a aprobación dun convenio coa Asociación Protectora de Animais Baisenpulgas de 5.000 euros que permita recoller aos cans e gatos abandoados na fin de semana. Actualmente o Concello de Nigrán presta servizo para cans en colaboración coa Deputación de Pontevedra (CAAN) durante a semana e, na fin de semana, únicamente nos casos considerados urxentes. Con esta proposta o goberno de Nigrán plantexa manter o convenio coa Deputación e o amplía con Baisenpulgas, entidade que desexa apoiar a tenor da importante labor que ven desenvolvendo na comarca pese aos escasos medios cos que conta. «Somos conscientes da necesidade de actuacións na fin de semana e de que o animal quede en custodia durante estes días, por iso cremos que asinar un convenio con esta protectora do Val Miñor é a mellor opción para protexer aos animais e, ao mesmo tempo, apoiar o traballo desta entidade que tanto fai altruístamente polos animais na comarca», sinala o alcalde, Juan González. Ademais, o convenio ocuparase tamén dos gatos os 365 días do ano (CAAN non os contempla) e, en caso de que sexa preciso, tamén garantirá asistencia sanitaria urxente a cans e gatos tódolos días do ano. Deste xeito, o goberno local propón un convenio no que a protectora se encargue na fin de semana da recollida dos animais abandonados (cans ou gatos) reténdoos nas súas instalacións, curándoos e alimentándoos, mentres non aparecen os donos ou ben ata a súa adopción por familias responsables. 

nn

Renóvase o cercado do espazo dunar de Panxón-Praia América

nn

O Concello de Nigrán está a renovar todo o cercado  perimetral do espazo dunar Praia América-Panxón, que presentaba moitos desperfectos polo paso do tempo. Os traballos, a cargo da empresa de inserción social Cormo Integral, teñen un orzamento de 4.570 euros e permitirán aumentar o espazo naquelas zonas onde a duna xa avanzara sobre o propio peche, como no último tramo de Praia América. O sistema empregado é o mesmo que o existente: postes de madeira de 1,3 metros de altura cunha distancia entre sí de 2 metros e  tendido de arame galvanizado e plastificado en verde lonxitudinalmente (3 liñas de arame). «A nosa prioridade en Praia América-Panxón é a conservación e recuperación do espazo dunar e tódalas medidas que se tomen no areal deben ir nesa liña», dixo o alcalde.
n Fuente: Atlántico