O IEM organiza unha homenaxe a Alfonso Soliño o sábado

O Instituto de Estudos Miñoráns prepara unha homenaxe de e despedida de Alfonso Soliño Troncoso, o arquitecto, escultor e pintor gondomarés que foi membro fundador da entidade cultural e que finou o pasado día 11 de xaneiro. O acto, no que se recoñecerá a súa traxectoria artística, profesional e humana, terá lugar este sábado, día 9 de febreiro, ás 19.30, na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar.

n Fuente: Faro De Vigo