Xulián Maure deixa a dirección do Instituto de Estudos Miñoráns Sustitúeno os vicedirectores Vilar, Manso e Soliño

O ensaísta e editor Xulián Maure confirmou onte a súa dimisión como director do Instituto de Estudos Miñoráns, cargo que ocupa desde hai tres anos, para adicarse "a proxectos profesionais pendentes". A súa renuncia farase oficial o vindeiro luns, día 25, na asamblea da entidade e serán os tres vicedirectores -o arqueólogo Xosé Lois Vilar, o profesor e investigador Xilberte Manso e o arquitecto Antonio Soliño- os que asuman as súas funcións, segundo indicaron, no ano que queda para rematar o mandato e cambiar a xunta directiva se procede.

Maure accedeu a dirixir o IEM "por un ano para poder rematar traballos despois, pero xa pasaron tres", dixo. Continuará colaborando coa entidade cultural, resalta, pero adicarase a rematar a publicación dunha colección de documentos medievais de Baiona, entre outros proxectos.

n Fuente: Faro De Vigo