#GONDOMAR Apertura de solicitude de cursos baixo a modalidade de formación On-line.

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE.

n

Os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que se as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.

n

A oferta formativa deste ano será:

n

Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h)

n

Xestión de compras e aprovisionamento (40h)

n

Xestión de instalacións deportivas (45h)

n

Xestión básica do almacén (20h)

n

Colaboración na organización de eventos e protocolo (80h)

n

Aplicación de sistemas informáticos no bar e cafetería (30h)

n

Retoque fotográfico (35h)

n

Mobilización de persoas enfermas (80h)

n

Atención e información de viaxeiros/as de autobús (50h)

n

n

Só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 135 prazas. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 10 ao 24 de abril

n

n

Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224

n

Actividade cofinanciada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

n

Cartel informativo.pub.jpg

n

 

n

 

n Fuente: Concello de Gondomar