García Teijeiro exerce de padriño dun colexio de Nigrán

Os rapaces do colexio Carlos Casares de Vilariño, en Nigrán, recibiron esta mañá o seu último padriño, o escritor Antonio García Teijeiro, cunha homenaxe. Os nenos conseguiron darlle unha gran sorpresa ao cantar algúns dos seus poemas, musicados polo profesor de música do centro, Eloi Porto, ademais de representar pezas dramáticas e recitar poemas para el.

O festival serviu de peche de tempada do proxecto de apadriñamento cultural que o centro educativo leva a cabo desde hai seis anos. Cada curso, un escritor ou escritora galegos é elexido para apadriñar unha aula e todos os alumnos traballan sobre a súa figura e a súa obra. Antes de García Teijeiro xa exerceron o seu papel Xosé Neira Vilas, Paula Carballeira, Fran Alonso, Fina Casalderrey e Marilar Alexandre.

n Fuente: Faro De Vigo