A poesía inunda o colexio Cova Terreña da man de Clara López

"A poesía é voltar onde nos escoitamos sentir". É a definición que a pintora, profesora de arte, mestra e tamén escritora e poetisa ClaraLópez Torres lle outorga a un xénero que cada ano tén máis pegada no colexio Covaterreña. Os alumnos deste centro baionés elexírona este ano como figura a homenaxear na III Xornada Poética "Os días verso" que celebraron esta semana.

A autora do poemario "Os días lebre" e o ilustrador do mesmo, Marcos Viso, compartiron unhas horas de creatividade cos rapaces de 5º de Primaria, que levan todo o curso traballando na súa obra. Recitaron algúns dos seus poemas e doutros escritores como García Teijeiro ou Caíno Vasconcellos e tamén varios propios con música de piano e de guitarra.

n Fuente: Faro De Vigo