#BAIONA Concurso mellor canción galega «Os Bardos 2019»

O vindeiro sábado 29 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegos en lingua galega. n Nesta primeira edición, presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente a final de onde sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman galego.n Ao finalizar a Gala terá lugar a entrega dos premios consistentes en:n 1º premio de 600 .-€ máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019.n Premio de 400.-€ para o segundo clasificadon Premio de 250.-€ para o terceiro clasificadon AS CANCIÓNS SELECCIONADAS SON:n

NOME DA CANCIÓNn INTÉRPRETEn
CAVERNA DIXITALn O GATO DE CHESHIREn
SOMOSn DAVID DEALONSOn
CONVICCIÓNn DENÍSn
XOTA DOS ZAPATIÑOSn ERGUTÍOn
OSVALDOn MOMBOIn
NADA É NOSOn THE MIRRORn
A TÚA PEGADAn LUCÍA DOVALn
FOLIADA DO PORRIÑOn GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL FEIXOADAn
XOTA DE SOUTOMAIORn AIRIÑOS DA PENEDAn
MEU PAI EU TEÑO UN SOÑOn MARI COSTAn

n Departamento de Culturan Baiona, 20 de xuño de 2019n

nFuente: Concello de Baiona