As Xeiras do IEM comezan cunha visita nocturna aos petróglifos de Auga da Laxe en Vincios

No ano do seu vixésimo aniversario, o Instituto de Estudos Miñoráns ofrece unhas xeiras de verán máis comprometidas coa difusión da cultura local ca nunca, con doce visitas guiadas por espazos de interese de Baiona, Nigrán, Gondomar e Tomiño e tres conferencias históricas. Todas elas con intérpretes de lingua de signos.

Trala ruta por Pinzás do xoves, a entidade programa hoxe ás 20.30 unha visita nocturna aos petróglifos de armas más importantes de Europa, os do conxunto de Auga da Laxe, en Vincios. Os asistentes sairán da Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar.

A seguinte cita chega este xoves á Capitanía Marítima de Baiona, onde o arqueólogo Eduardo Méndez Quintas impartirá unha conferencia sobre os primeiros poboadores do Val Miñor.

n Fuente: Faro De Vigo