#GONDOMAR Aniversario do Club Ciclista de Gondomar con Miguel Induráin e Aida García

Fantástica xornada deportiva a que vivemos este domingo en Gondomar. Centos de afeccionados formaron o pelotón da vigésima edición cicloturista coincidindo coa celebración do 25 aniversario do Club Ciclista de Gondomar. Con dous padriños de excepción como Miguel Induráin e Aida García que se sumaron a esta cita anual. Con salida e meta no noso municipio, os participantes percorreron os 100km de ruta organizada polo Club Ciclista de Gondomar coa colaboración do concello.

rn

rn

 

nn n Fuente: Concello de Gondomar