Ledicia Costas inaugura a tempada de Espazo Lectura

Tras comezar esta tarde coas sesións semanais de dinamización lectora, Espazo Lectura inaugura mañá xoves a tempada de actividades cunha convidada estelar. A escritora Ledicia Costas reunirase ás 20.00 na Casa da Lectura de Donas cos membros do clube de lectura Sete Vidas para comentar a súa última novela, "Infamia".

A primeira xuntanza do curso do clube de cómic Lecturas Debuxadas chegará o vindeiro día 15 ás 20.00 e o sábado 26 serán os rapaces do clube Lendo Contigo os que se encontren ás 12.00 coa autora Paula Carballeira para falar do libro "Bruxa e familia".

n Fuente: Faro De Vigo