As viúvas da Volta dos Nove xa teñen placa en Nigrán

| Julia Sanjuan García, Clementina Freire Mosquera, Antonia Rial Veiro, Rosalía Rodríguez Iglesias, Angelina Vega Ríos, Sofía Vieites Penedo, Eugenia Mijón Durán, Aurelia Rodríguez Cabral e María (da que se descoñecen os apelidos) son as viúvas dos executados na Volta dos Nove de Baredo o 15 de outubro de 1936. Os seus nomes pervivirán nunha placa colocada polo Concello de Nigrán e destapada onte no Xardín da Memoria de Panxón, xunto coa que lembra os seus homes. A homenaxe inclúe a Dolores Samuelle, a veciña de Sabarís asasinada dous días antes daquel tráxico episodio por agochar os "Ineses", dous irmáns fuxidos.

n Fuente: Faro De Vigo