Performance contra a violencia machista en Baiona

O programa "Novembro lila" que organiza a Concellería de Igualdade de Baiona arredor do Día contra a Violencia de Xénero arranca hoxe cunha performance a cargo de dúas mulleres artistas. As artistas Miriam Ferradáns e Mónica Sueiro, directora da escola de teatro local, porán en escena a peza "Mulleres no vento" a partires das 18.00 nos xardíns do Museo da Navegación. En caso de choiva, o espectáculo trasladarase á biblioteca municipal.

n Fuente: Faro De Vigo