#BAIONA Presentación do Punto de Interese Feminista

O vindeiro Xoves 14 de Novembro ás 19:15h faremos a presentación do Punto de Interese Feminista na Biblioteca de Baiona. Trátase dunha escolma de títulos de temática feminista para tódalas idades que son fundamentais para construír unha sociedade en igualdade. Este é un punto de partida para un proxecto en crecemento cuxo obxectivo a maiores de promover o feminismo é poñer en valor o traballo de escritoras que foron situadas nun segundo plano por seren mulleres, independentemente de que os seus libros falen de feminismo ou non. Para o evento contaremos coa presenza de Iria Misa, escritora e docente veciña de Baiona que conta no seu haber con varias publicacións como: Xa non estou aquí(2016),Segredos no Solpor(2018), Mamá, quero ser Ziggy Stardust(2018) entre outras.n

n nFuente: Concello de Baiona