#GONDOMAR Teatro en Gondomar

Educa Teatro e o seu espectáculo musical  “Os tres  porquiños” chegan a Gondomar

n

 

n

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá este próximo sábado, día 16 de novembro, a representación de “Os tres porquiños” da man de Educa Teatro, enmarcada dentro da programación teatral de Outono. Nesta ocasión, e dada a boa recepción que ten entre o público familiar, programáronse dúas sesións: ás 17.00 horas e ás 19.00 horas.

n

Os/ as interesados/ as en acudir poderán retirar as súas entradas previamente o xoves e o venres no departamento do Rexistro Municipal do  concello de Gondomar. A un prezo de 2,50 euros cada unha poderanse adquirir en horario de mañá para calquera das dúas sesións e ata completar o aforo.

n

Os despachos de billetes que sobren da venda anticipada poderán adquirirse no propio Auditorio Lois Tobío o mesmo día da actuación, o vindeiro sábado 

n

“Os tres  porquiños” é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula adaptada aos novos tempos, incluíndo nela a dous exploradores, Xan e Xiana, moi afeccionados aos contos. Da súa man os espectadores penetraranse en bosque para coñecer aos seus personaxes favoritos. Ademais de descubrir a historia dos tres porquiños os máis cativos da casa poderán bailar e cantar ao ritmo das cancións que compoñen o espectáculo.

n

n Fuente: Concello de Gondomar