#BAIONA Baiona abre o prazo para participar no programa de Conciliación Nadal 2019

Dirixido a menores de 3 a 12 anos, o programa desenvolverase no CPI Cova Terreña nas seguintes datas: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e o 2, 3 e 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas; non obstante por necesidade das persoas proxenitoras poderán acceder ao programa de 8:00 a 9:00 horas e saír de 14:00 a 15:00.horas. n

O Programa de Conciliación Nadal 2019, é un programa promovido pola Concellería de igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada polas familias participantes e o Concello de Baiona.n

As bases que regulan á convocatoria poden descargarse da páxina web do Concello de Baiona, do taboleiro electrónico ou recollelas no rexistro do Concello. Para calquera aclaración poden contactar no 986/35 75 54 no CIM .n

Bases
n

Anexo I
n

Anexo II
n

Anexo IIIn

nFuente: Concello de Baiona