Morgadáns acolle mañá a gala de entrega do Premio Victoriano Taibo

O gañador do Premio Victoriano Taibo deste ano, o poeta vigués aínda que miñorano de adopción Francisco Javier Fernández Davila, recollerá mañá sábado o galardón polo poemario "Mover os marcos" nunha gala que terá lugar nas Escolas de Guillufe de Morgadáns a partires das 19.30, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar. O grupo Teatro do Ar encargarase de conducir o acto.

n Fuente: Faro De Vigo