#GONDOMAR Gondomar inaugurará o aceso do Nadal

Gondomar inaugurará o aceso do Nadal o día 30 de novembro cun programa repleto de música, luz e cor.

n

 

n

 O vindeiro sábado, 30 de novembro, o goberno local de Gondomar inaugurará oficialmente o aceso do Nadal que lucirá este ano no concello, pospoñendo a posibilidade inicial de facelo este venres 22 de novembro debido ás pésimas previsións metereolóxicas que se manteñen para a xornada e que impedirían gozar aos veciños do municipio das distintas actividades programadas para a ocasión. 

n

Así, o vindeiro sábado 30 de novembro, a Praza Paradela converterase no escenario sobre o que se irán sucedendo diferentes actuacións como paso previo á conta atrás coa que o alcalde do municipio, Paco Ferreira, dará o pistoletazo inicial ao tradicional aceso.

n

 A partir das 18.00 horas a praza encherase da maxia do Nadal grazas aos personaxes aos que “Serán Animación” dará vida e cos que quen estea interesado poderá fotografarse nun photocall montado para a ocasión.

n

 Ás 19.30 horas, será a quenda para a música e a danza da man das tres escolas de baile de Gondomar que ofrecerán un espectáculo preparado para a ocasión.

n

 Finalmente, ás 20.00 horas procederase á conta atrás do aceso do Nadal que lucirá este ano en Gondomar e que se completará cun amplo programa de actividades previstas ata o mes de xaneiro, todas elas enmarcadas baixo o lema “Escribe ou teu Nadal”. 

n

 

n

Troncos nadal.jpeg

n Fuente: Concello de Gondomar