#GONDOMAR Negro contra a violencia de xénero

Gondomar súmase un ano máis ao negro contra a violencia de xénero

n

O goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de  Igualdade, súmase un ano máis á denuncia unánime contra a violencia de xénero programando, con motivo da celebración do 25  N, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, unha serie de actividades que arrincarán este mesmo venres coa iluminación do  concello en cor morada, que se manterá durante unha semana.

n

Con ela dáse continuidade a un programa que se deseñou buscando a máxima implicación da sociedade, con diferentes actividades programadas ao longo de todo o mes de novembro. O acto central terá lugar o vindeiro luns, día 25, a partir das 12.00 do mediodía, coa convocatoria dunha concentración #ante o  concello e lectura dun manifesto, á que se convida a participar a todos os veciños e veciñas de Gondomar.

n

Ademais situarase na Praza o “punto vivo de  Igualdade” no que se repartirá material específico da campaña “En negro contra  as violencias”.  Tamén se facilitará información sobre as distintas políticas e accións en materia de igualdade que se están desenvolvendo a nivel local e nacional na loita contra a violencia de xénero, facendo fincapé na sensibilización e educación nesta materia nas novas xeracións.

n

Cuestións que tiveron presentes na Concellería de  Igualdade de Gondomar con campañas desenvoltas nos colexios e institutos do  concello, como “Camisetas solidarias”, na que os estudantes de 3ª de Primaria deseñaron lemas contra o machismo e a violencia de xénero, que plasmaron en camisetas que, posteriormente, expuxéronse nos centros.

n

A eles sumaranse os estudantes dos IES cos que se prepara un encontro-debate, coa colaboración da Secretaría  Xeral de  Igualdade, baixo o título “Hai saída grazas a ti”.

n

Por último, un ano máis se contou co apoio do comercio local cuxos establecementos se sumaron ao negro, por terceiro ano consecutivo, “nunha mostra clara de que  Gondomar rexeita a violencia contra a muller, inadmisible en calquera sociedade e fronte á que ninguén debe mirar cara a outro lado”, concluíu a edil Nuria Lameiro.

n

imagnegro.jpeg

n

n Fuente: Concello de Gondomar