#GONDOMAR Colexios de educación infantil e primaria de Gondomar adornan o Nadal

No obxectivo do goberno local de implicar a todos/as na celebración do Nadal lucen xa as primeiras árbores decoradas con motivos feitos por alumnos/as dos colexios do municipio, elaborados todos eles con materiais reciclados.

n

No centro de saúde poderánse ver as creacións dos pequenos/as do CRA Antía Cal, descubrindo o uso tan orixinal e divertido que pode darse os vasos de iogur. E no Concello, poderemos descubrir o traballo do alumnado do CEIP de Vincios, que, entre outros materiais, nos amosan que uso dar os CD`s, convertindoos en simpáticos renos. 

n

Con esta iniciativa búscase a máxima implicación de nosa rapazada no Nadal do municipio á vez que se aposta pola educación en valores de respeto ao medioambiente, apostando pola reciclaxe e reutilización. 

n

Nos próximos días ubicaránse catro árbores na Casa da Cultura, Praza de Abastos e Auditorio, decorados polos estudantes dos CEIP Chano Piñeiro, Neira Vilas de Peitieiros, a Escola Infantil Galiña Azul e o Centro de Educación Infantil San José.

n

 

n

2feac45a-08b8-4ce7-8f00-a95f75cb7cb6.jpg

n

69958e44-2b42-44b1-98f7-483d7ba45b5b.jpg

n

1081fe02-7afd-4feb-8393-f160bdd10f76.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar