#GONDOMAR O goberno de Gondomar despexa dúbidas sobre o servizo de comedores escolares

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a edil de  Benestar Social, Nuria Lameiro, acompañaron este mércores a representantes de ANPAS e monitoras dos comedores dos colexios do municipio nunha visita á empresa concesionaria do servizo. Nela puideron coñecer de primeira de primeira man o proceso de elaboración e trazabilidade dos menús que se serven nos centros escolares

n

O goberno local completa con esta visita a rolda de contactos iniciados hai semanas co fin de controlar e garantir o correcto funcionamento do servizo, facilitando que nais e pais coñecesen de primeira man os diferentes protocolos que se aplican desde a recepción dos alimentos ata que se serven nos colexios, pasando pola conservación e o cociñado e posterior traslado.

n

Responsables da empresa acompañáronos nun percorrido pormenorizado polas distintas dependencias (conxeladores, cociñas, almacén, salas de control, etc), atendendo en todo momento as diferentes dúbidas e preguntas que xurdían ás ANPAS.

n

O alcalde Paco Ferreira garantiu que “a reacción do meu goberno sempre será inmediata ante calquera dúbida que poida xurdir en cuestións como a alimentación dos nosos menores, e actuaremos nesta liña para garantir que se cumpren os contratos de forma íntegra e escrupulosa”.

n

            Neste sentido, previo á visita á concesionaria, o rexedor, xunto á edil Nuria Lameiro, reuníronse cos representantes dos pais e nais, coas monitoras e coidadoras dos comedores, e a dirección dos diferentes centros, atendendo as súas demandas.

n

“A saúde dos nosos pequenos/ as sempre é o primeiro e aplicaremos estes mecanismos de control #ante calquera dúbida ou problema que poida xurdir, actuando con total transparencia e garantindo a calidade do servizo que se presta”, concluíu o Alcalde Paco Ferreira.

n

 

n

imagmuch.jpeg

n Fuente: Concello de Gondomar