#GONDOMAR Gondomar aprobará a súa adhesión á Rede Española de Cidades polo Clima

Oconcello de Gondomar adherirase á Rede Española de Cidades polo Clima dando un paso máis así na súa implicación por desenvolver políticas e medidas pensadas a conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ditados pola Unión Europea, e reducir os efectos do cambio climático.

n

Coa súa adhesión á rede, que se debaterá en pleno o próximo día 23 de decembro, Gondomar converterase no noveno municipio da provincia de Pontevedra en integrarse na Rede, e o  décimonoveno de toda Galicia. “Queremos sumar esforzos e, como administración local que somos, facilitar aos nosos veciños as ferramentas necesarias para que a súa implicación e concienciación sexa cada vez maior na loita contra o cambio climático”, sinala o rexedor, Paco Ferreira.

n

O goberno local, a través da súa adhesión, comprométese a sentar as bases institucionais para reducir lle emisión de gases efecto invernadoiro, á vez que iniciar  un proceso de implicación de todos os axentes económicos e cidadáns do municipio “na consecución dos obxectivos que favorezan unha sociedade cada vez máis sustentable”.

n

Nunha primeira fase o goberno local traballará neste obxectivo, desenvolvendo campañas de sensibilización cidadá; potenciando acordos con axentes económicos ou asociacións de consumidores para impulsar un bo uso da enerxía nos fogares; ou, potenciado medidas que impliquen unha redución do tráfico a favor do uso de transportes alternativos ou a peonalización das rúas.

n

No ámbito institucional o goberno de Gondomar adquire o compromiso de introducir medidas económicas e fiscais que favorezan a implantación de enerxías renovables, incluír medidas con criterios de eficiencia enerxética nas novas contratacións municipais, así como nos concursos de adxudicación de servizos no municipio.

n

Ademais traballarase na adaptación progresiva dos inmobles e dependencias municipais de maneira que se equipen de sistemas que favorezan os criterios de sustentabilidade.

n Fuente: Concello de Gondomar