O IEM despide o ano cunha charla sobre a rehabilitación do mosteiro de Oia

A aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar acolle hoxe ás 20.00 unha charla titulada "Mosteiro de Oia, unha loita pola rehabilitación e a sostibilidade". O responsable da sociedade propietaria do cenobio cisterciense, Xoán Martínez Reboredo, será o encargado de explicar os detalles do proxecto na cita cultural coa que o Instituto de Estudos Miñoráns despide o ano. Ao remate, haberá uns petiscos e uns viños.

n Fuente: Faro De Vigo