A XXI Conferencia Anual Plácido Castro divulga a figura do xornalista e político galeguista en Nigrán

Nigrán acolle hoxe a XXI Conferencia Anual Plácido Castro, un acto promovido pola fundación que leva o mesmo nome en colaboración co Concello para difundir a figura do xornalista, tradutor e político do Partido Galeguista represaliado trala guerra civil. O filósofo Xosé Luís Pastoriza Rozas impartirá a charla, titulada "Rara avis: Plácido Castro e o liberalismo galeguista", no auditorio municipal ás 20.00.

n Fuente: Faro De Vigo