#GONDOMAR O goberno reúne a mesa local do comercio e anuncia cambios no mercado semanal

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, presidiu a primeira mesa local do comercio celebrada tralas pasadas eleccións municipais. Nela abordáronse diferentes cuestións relacionadas co sector, entre elas, a intención de trasladar a celebración do mercadillo semanal aos martes.  

n

A edil responsable da área, Rocío Goberna, explicou que a medida entrará en vigor antes do verán e que é froito de varios meses de traballo e consenso cos representantes da Asociación Galega de Vendedores Ambulantes, comerciantes e placeiros. Co cambio da celebración de sábado a martes búscase promover o máximo número de asistentes, á vez de garantir que a montaxe e disposición dos postos non afecte ao aparcamento da Praza Rosalía, onde ata o de agora viña situándose.

n

Ademais do día de celebración o mercadillo cambia de lugar e ocupará a contorna da Praza de abastos, xunto ao río Zamáns, no que de momento se rexistraron un total de 24 postos, 19 máis que os que asistían ata o de agora as fins de semana.

n

Desde o departamento de Comercio advirten de que tamén está previsto un endurecemento no control das obrigacións dos comerciantes por parte das autoridades, que esixirán a documentación e que estean ao día no pago das taxas. 

n

A mesa local de comercio que na súa orde do día tamén abordou outras cuestións como as melloras interiores que se pretenden acometer na Praza de Abastos, as restricións no aparcamento situado na parte traseira, ou, a celebración de diferentes eventos do comercio como a Feira  Portobelo ou o Rastrillo de Primavera. 

n

 

n

MESA LOCAL COMERCIO 1.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar