Gondomar amosa as variedades do Entroido galego no auditorio

A Asociación Cultural Centáurea de Gondomar ofrece hoxe unha mostra comentada sobre as variedades das celebracións de Entroido en Galicia. A partires das 20.15, o auditorio Lois Tobío amosará a riqueza das tradicións que resiste as tendencias importadas doutras culturas, cos seus personaxes, máscaras e traxes ancestrais que rivalizan en moitas parroquias, vilas e comarcas.

n Fuente: Faro De Vigo